lunes, 28 de noviembre de 2011

Semana dos bosques

O Equipo de Dinamización da Biblioteca, propón unha serie de actividades, aproveitando que a ONU declarou o ano 2011 como Ano Internacional dos Bosques.
Actividades:
Wangari Maathai
*Ambientar a Biblioteca e o corredor da mesma con árbores de tamaño grande. 
*En follas de distintas árbores o alumnado  escribirá poemas, refráns...
*Achegar a biografía de Wangari Maathai :  
foi unha activista política, e ecoloxista keniata. En 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz polas «súas contribucións ao desarrollo sostible, á democracia e  á paz».
*Facer a semana do contacontos. En cada recreo o alumnado pode ir á Biblioteca a escoitar un conto  sobre as árbores.
SEMANA DE CONTACONTOS:
Luns, 28. "El sueño de Wangari"

 Martes, 29. "A árbore das follas DIN A-4"
Mércores, 30. "Xaime e as landras"
Xoves, 1. "El castaño".
Venres, 2. "O príncipe dos enredos".


WANGARI MAATHAI: 
Naceu en Kenia, o 1 de abril de  1940. Pertence á comunidade dos kikuyú. No mes de decembro de 2004 foi galardoada co Premio Nobel da Paz polo seu labor como activista e ecoloxista. 
Wangari percibiu que a deforestación do territorio erosionaba o solo e creaba pobreza e malnutrición. Entón  emprendeu o proxecto de reforestación máis  impresionante da nosa época:
 O MOVEMENTO DO CINTURÓN VERDE. É un movemento de base liderado por mulleres que, dende que se puxo en marcha, permitiu a plantación de máis de 30 millóns de árbores tan só en Kenia.